Tarxeta vermella
Xosé MirandaMoitas veces marrei unha bóla que tiña segura. Tiven centos de oportunidades, tirei á portería, pero a pelota deu no largueiro, coouse polo fondo, desviouse no aire. Non sei canto tempo hai que empezou o partido. Posiblemente horas. Se cadra días. Non o sei, non lembro o comenzo Así comeza Tarxeta vermella, o texto que dá título a este libro de relatos, onde o autor subverte a visión épica do fútbol a través dun monólogo de quen está a xogar un partido sen conciencia de si mesmo e que o vive como unha eterna condena. Ao xeito dun novo Inferno semellante ao de !A Divina Comedia de Dante Alighieri, este relato inquedante transmite unha crecente sensación de angustia e opresión, unha atmosfera na que paira o medo, o castigo, a violencia e a irracionalidade. Froito dun traballo de destilación de quince anos, esta colectánea de dezasete contos de Xosé Miranda, maiormente de carácter fantástico e con indubidable arrecendo onírico e memorialístico, constitúen unha homenaxe ás mitoloxías literarias dun dos autores máis lidos e valorados da narrativa galega da última década.
Idioma Gallego
Publicación 2003
Editorial Xerais
Categoría Narrativa
Descargar Tarxeta vermella de Xosé Miranda
Buscando resultados...
Accede gratis a la descarga del libro Tarxeta vermella de Xosé Miranda © DescargarLibro.gratis Aviso Legal Contacto
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.