Rimas con letra
Gloria SánchezRécollese neste libro un conxunto de poemas que unen a intencionalidade lúdica a unha perspectiva didáctica. Son poemas imaxinativos e divertidos, dos que pode gozar calquera neno ou nena sexa cal for a súa idade, pero que están pensados sobre todo para os primeiros lectores.Así no libro faise un percorrido polo alfabeto galego, dedicándolle un poema a cada unha das letras. Tómase sempre como punto de partida unha ou varias palabras, sempre moi suxestivas e motivadoras, que conteñan esa letra concreta: aro, billa, caracol, chepa, dente, embigo, fraco, gordo, imperdible, lora, parella, mar, núa, niño, ovo, paraugas, queixeiro, rato, serpe, temón, uña, vaca, xuntos, zángano.E así a autora vai construíndo os poemas, empregando a un tempo os recursos expresivos da literatura popular de tradición oral e os da poesía infantil máis actual.Cada un dos poemas acompáñase dunha moi expresiva ilustración, da autoría de Mª Fe Quesada, que nos ofrece sempre unha divertida versión plástica do tema desenvolvido nos versos, ademais de xogar coa forma da letra correspondente, procurando sempre unha identificación cun determinado concepto presente no poema.
Idioma Gallego
Publicación 2004
Editorial Xerais
Categoría Infantil y juvenil
Descargar Rimas con letra de Gloria Sánchez
Buscando resultados...
Accede gratis a la descarga del libro Rimas con letra de Gloria Sánchez © DescargarLibro.gratis Aviso Legal Contacto
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.