Descargar Libro - Descargar libros pdf, ePub y mobi
BUSCADOR
AUTORES
A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z



Percival e outras historias
X. L. Méndez Ferrín

En 1958, X. L. Méndez Ferrín sorprendía o mundo literario co seu primeiro libro de narrativa. Así o recibía o crítico M. Rabanal:«Logo de ler dun tirón, literalmente coa boca aberta, co pracer e a emoción gobernándome os pulsos, as enfeitizantes historias dun rapaz como Xosé Luís, sinto que se me inhiben as miñas pobres dot es críticas e que non acerto a proferir outra cousa que tatexantes eloxios.» E é que Méndez Ferrín escribía, a dicir de Cunqueiro, «con trazo moi seguro, vivo, obrigando o lector a ver os personaxes, a situación e o clima de misterio dunha única ollada». Mesturando con axilidade elementos aproveitados da tradición popular con elementos de vangarda, combinando mitos artúricos con outros de extracción grega, fundindo a realidade crúa e violenta con simbolismos, alegorías e fantasía, tal e como sinalou Bernardino Graña, o lector ou lectora non é quen de saber se habita nun mundo de insectos que se devoran ou de seres humanos extremadamente crueis. Saudado con entusiasmo, no seu día, por Otero Pedrayo, este libro, en palabras de Bernardino Graña, é inicial pero definitivo porque, con el, Ferrín comezou a ser narrador, a converterse nun novo mestre. E iso é posible porque, como apunta Xabier Cordal, «lemos a Méndez Ferrín co mesmo pracer desacougante que nos leva a reincidir en David Lynch ou Edgar Allan Poe».

Idioma Gallego
Publicación (1958) 1993
Editorial Xerais
Categoría Narrativa


Descargar Percival e outras historias de X. L. Méndez Ferrín



Buscando resultados...

Accede gratis a la descarga del libro Percival e outras historias de X. L. Méndez Ferrín © DescargarLibro.gratis Aviso Legal Contacto
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.

eXTReMe Tracker