Outro idioma é posible
Teresa MoureSubtítulo: Na procura dunha lingua para a humanidade
Unha lingua para a humanidade. Convocado por Editorial Galaxia co patrocionio de Unión Fenosa, o premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004 foi para o libro Outro idioma é posible, de Teresa Moure. O subtítulo do libro, "Na procura dunha lingua para a humanidade", xa anuncia o obxectivo deste ensaio: a proposta dunha lingua artificial que favoreza os intercambios culturais sen perxudicar a lingua propia de cada comunidade e sen minguar o respecto por todas as culturas do mundo.
Nos últimos anos, o sensible incremento das comunicacións a distancia e a universalización do coñecemento reclaman unha lingua que supere as barreiras entre comunidades, máis ata hoxe ningunha institución con competecias mundiais se pronuniciou sobre cal debe ser esa lingua que se usará nos contactos internacionais. Outro idioma é posible pretende chamar a atención sobre o feito de que en todo o mundo se impón acriticamente o inglés, colocándose nunha situación de privilexio.
Teresa Moure salienta no seu ensaio que as dificultades para a comunicaión poden salvarse con mecanismos que non respondas aos intereses ideolóxicos da globalización e o pensamento único. O máis orixinal deles, e tamén o máis silenciado, consiste no uso dunha lingua artificial, construída deliberadamente para a comunicación internacional. Esa é a única posición ética en materia lingúística: o compromiso coa lingua propia de cada comunidade e o respecto cara a todas as culturas do mundo. Dese xeito garántese a pervivencia das pequenas linguas do mundo, hoxe ameazadas pola uniformidade dominante.
Idioma Gallego
Publicación 2005
Editorial Galaxia
Categoría Ensayos
Descargar Outro idioma é posible de Teresa Moure
Buscando resultados...
Accede gratis a la descarga del libro Outro idioma é posible de Teresa Moure © DescargarLibro.gratis Aviso Legal Contacto
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.