Os escuros soños de Clío
Carlos CasaresEste libro de relatos, o segundo no xénero na obra de Carlos Casares, publicouse por primeira vez en 1979. Desde entón, alcanzou varias edicións. Foi Premio da Crítica en 1980 e mereceu os honores da traducción ó ruso (editorial Ráduga, de Moscova) e ó castelán (editorial Alfaguara, de Madrid). En xeral, os críticos considérano un dos mellores libros do seu autor. Son, segundo Gonzalo Torrente Ballester, bromas gastadas á Historia con enxeño xoguetón e perspicaz, cunha gracia de fondas raíces, que se unha se enrosca no corazón a outra se crava na intelixencia e dá ese resultado indefinible que é a flor da literatura. En doce relatos, baseados todos eles en referencias bibliográficas nas que se mesturan a fantasía coa realidade, Carlos Casares faille guiños cómplices a Clío, a musa da Historia, cunha clara intención paródica. Estes contos introduciron na literatura galega un xeito distinto de tratar cousas como a historia, enxergada aquí como o resultado dos soños traxicómicos e malhumorados dunha musa imprevisible e algo excéntrica.
Idioma Gallego
Publicación 1979 (2001)
Editorial Galaxia
Categoría Cuentos y Relatos
Descargar Os escuros soños de Clío de Carlos Casares
Buscando resultados...
Accede gratis a la descarga del libro Os escuros soños de Clío de Carlos Casares © DescargarLibro.gratis Aviso Legal Contacto
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.