O triángulo inscrito na circunferencia
Víctor F. FreixanesA obra está ambientada en Vilanova de Alba, unha cidade galega imaxinaria, situada na costa das Rías Baixas. Nela está o pazo de Santa Cruz, da liñaxe dos mariñeiros de Lobeira de Alba, destacando entre eles o navegante Bartolomé, descubridor no século XVI dun estreito que une o océano Atlántico co océano Pacífico.
A trama desenvólvese principalmente na Década Ominosa, na restauración do absolutismo tralo Trienio Liberal. Xorde en Galiza unha oposición ao absolutismo e ao catolicismo, creándose unha rede de guerrillas con orixe na organizada anos antes na Guerra da independencia española. Porén, hai numerosas referencias á historia da vila desde a idade media, cando un rei castelán lle dá un foro de vila e se converte na principal poboación mariñeira, até a idade moderna.
Trala batalla entre as tropas leais ao goberno e á igrexa chegadas de Santiago de Compostela, a vila é queimada e desaparece non só fisicamente, senón dos mapas e da historia, pasando a ser unha cidade imaxinaria.
Idioma Gallego
Publicación 1982
Editorial Editorial Galaxia, S.A.
Categoría Narrativa
Descargar O triángulo inscrito na circunferencia de Víctor F. Freixanes
Buscando resultados...
Accede gratis a la descarga del libro O triángulo inscrito na circunferencia de Víctor F. Freixanes © DescargarLibro.gratis Aviso Legal Contacto
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.