Descargar Libro - Descargar libros pdf, ePub y mobi
BUSCADOR
AUTORES
A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z



O paso do Noroeste
Xavier Queipo

O autor transpórtanos á cuberta do navío L'Épée, no seu periplo desde Bretaña até a Baía de Hudson, en Canadá. Unha expedición científica parte de Brest co obxectivo de descubrir o ansiado Paso do Noroeste, vía marítima que ha de unir os océanos Atlántico e Pacífico polo hemisferio norte. A partir dun relato de aventuras marítimas, que contén os elementos clásicos do xénero, incluídas tempestades épicas e encontros con civilizacións descoñecidas, monstros mariños e natureza en estado puro, o autor conforta sutilmente as ideas da Ilustración republicana, representadas polo naturalista Jean-Baptiste de Lille et Mirabeau, coas ideas da Monarquía absoluta, defendidas polo artistócrata capitán, Jean Christophe de Simonet, Barón de Duchesnoy.

Mentres na Metrópili estala a Revolución, a bordo de L'Épée continúa instaurado a orde do Antigo Réxime, mais o vento da razón vai desprazando paulatinamente á estrita aplicación das ordenanzas militares da Royale. O narrador-compilador completa o texto cunha serie de notas científicas e curiosas sobre temas tan apaixonantes como "o tránsito das arañas dun tellado a outro", a morte masiva de narvales na illa de Disko, o uso de brazaletes anti-hemorrágicos polos inuits ou a explicación das choivas sanguíneas observadas na illa de San Miguel, no arquipélago de Azores.

Idioma Gallego
Publicación 2000
Editorial Sotelo Blanco
Categoría Acción y Aventuras


Descargar O paso do Noroeste de Xavier Queipo



Buscando resultados...

Accede gratis a la descarga del libro O paso do Noroeste de Xavier Queipo © DescargarLibro.gratis Aviso Legal Contacto
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.

eXTReMe Tracker