O curioso incidente do can á media noite
Mark HaddonChristopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e matemáticas, sabe as capitais de todos os países do mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, e decide comezar unha investigación para descubrir o asasino. Mentres leva a cabo as súas pescudas, que converte nunha novela policial, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará certos misterios que van alterar a súa vida metódica e ordenada.
Mark Haddon (Northampton, Reino Unido, 1963), vive en Oxford e é escritor, ilustrador e guionista. Licenciado en Literatura Inglesa e autor de quince libros para nenos, gañou dúas veces os prestixiosos premios BAFTA da Academia Inglesa de Cine e Televisión. Haddon traballou durante un tempo con persoas que padecían discapacidades físicas e mentais, e adquiriu o coñecemento sobre o autismo que despois aplicaría con grande acerto no seu primeiro libro para adultos. O curioso incidente do can á media noite foi acollido con grande éxito en todos os países nos que se publicou (xa en 35 idiomas), e obtivo premios como o Whitbread ou o da Commonwealth.
Título original The Curious Incident of the Dog in the Night-Time
Traductor Moisés Barcia
Idioma Gallego
Publicación 2003 (2008)
Editorial Rinoceronte
Categoría Narrativa
Descargar O curioso incidente do can á media noite de Mark Haddon
Buscando resultados...
Accede gratis a la descarga del libro O curioso incidente do can á media noite de Mark Haddon © DescargarLibro.gratis Aviso Legal Contacto
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.