O coello Federico
Xosé MirandaA renovada colección «Merlín» ofrece unha nova serie para os primeiros lectores: «Merliño». Libros de grande formato, ilustrados a catro cores, historias significativas, textos sinxelos, secuencias breves nuns libros concibidos para ser lidos directamente por novos lectores ou por persoas adultas a nenos máis pequenos. O coello Federico era un coello alegre, roedor e corredor, amigo dunha lebre e máis dun reiseñor. Tiña o labio partido e na boca un xeitiño divertido. Saltaba perseguindo as bolboretas e non podía manter as patas quietas. Farto de comer leitugas e cenoiras, atopou un día, fuxindo de raposas e rapinas, un campo cheo de morodos, dos que comeu tantos ata enfermar de indixestión. Mentres cura, os seus curmáns cómenlle tódolos froitos. Pero Federico prepara un plan para deixalos burlados, e dende entón nunca máis volveran facerllo. O coello Federico é un conto de tradición oral popular, reescrito por Xosé Miranda e ilustrado por Roberto Yepes. Como título da nova colección «Merliño» está concibido para ser utilizado directamente por primeiros lectores ou tamén, para ser lido por pais ou profesores a nenos máis pequenos.
Idioma Gallego
Publicación 2000
Editorial Xerais
Categoría Infantil y juvenil
Descargar O coello Federico de Xosé Miranda
Buscando resultados...
Accede gratis a la descarga del libro O coello Federico de Xosé Miranda © DescargarLibro.gratis Aviso Legal Contacto
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.