Descargar Libro - Descargar libros pdf, ePub y mobi
BUSCADOR
AUTORES
A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z



O centro do laberinto
Agustín Fernández Paz

A acción ten lugar a mediados do século XXI. Sara é a nai de David. Viven en Bruxelas, onde traballa como asesora do G-12, grupo de persoas que rexe o destino das persoas. O mundo está globalizado logo de entraren en vixencia as "Leis de Unificación" no ano 2020. A lingua común é o euroinglés, e o mundo está dividido en 8 zonas.
Malia que a gran maioría da xente adaptouse a esas normas, nas ZNC (zonas non controladas) persisten grupos de xente vivindo dun modo alleo ás novas tecnoloxías. Pero tamén nesas zonas hai grupos de resistencia, dispostos a retomar a diversidade cultural e a sustentabilidade no planeta Terra.
Sara vén co seu fillo a Galiza, de onde son os seus devanceiros. Mentres ela andaba por Campo Lameiro visitando uns petróglifos, David ten un accidente nunha fraga próxima. É atopado por membros da resistencia da ZNC, que logo de recuperarse do accidente se poñen en contacto con Sara. A intención é facer ver a Sara que a apocalipse mundial é moi real a menos que se poña solución axiña.
Ao mesmo tempo, Sara decátase de que o informe que está a redactar é ben perigoso, pois dous dos colaboradores morren en estrañas circunstancias. Finalmente descobre que foi froito dunha traizón doutros dous colaboradores, debido a presións para que o sistema imperante non mude.
Sara e David aprenden de primeira man que o mundo non é tan bonito nin tan monótono como se vende no 1º mundo, e que aínda están vivas as linguas que se falaban antes e os paraísos naturais e arqueolóxicos conservados ao longo do mundo.

Idioma Gallego
Publicación 1997
Editorial Edicións Xerais
Categoría Narrativa


Descargar O centro do laberinto de Agustín Fernández Paz



Buscando resultados...

Accede gratis a la descarga del libro O centro do laberinto de Agustín Fernández Paz © DescargarLibro.gratis Aviso Legal Contacto
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.

eXTReMe Tracker