Descargar Libro - Descargar libros pdf, ePub y mobi
BUSCADOR
AUTORES
A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z



Mexillóns para cear
Birgit Vanderbeke

Birgit Vanderbeke naceu na RDA en 1956. Tiña cinco anos cando a súa familia fuxiu ao Oeste e se instalou en Frankfurt. De nena sobresaíu nos estudos, na música e nos deportes, mais nunca deixou de se sentir diferente dos compañeiros: "Sempre cos zapatos que non eran, as medias que non eran, o peiteado que non era". En 1989 Vanderbeke conciliaba a súa faceta de nai dun neno pequeno coa de filóloga investigadora, ultimando unha antoloxía epistolar que ilustraba a pobreza material dos xenios da literatura. Entón caeu o Muro de Berlín e principiou a reunificación alemá, e con ela a súa carreira literaria: en 1990 gañou o premio Ingeborg Bachmann coa súa opera prima, Mexillóns para cear. Foi a primeira dunha regular serie de obras breves de inconfundible estilo –"sinxelo pero sofisticado", segundo Die Welt– que teñen recibido o aplauso do público, da crítica e dos xurados dun bo número de galardóns literarios.

A narradora, seu irmán e súa nai agardan polo pai, que está para chegar dunha viaxe de negocios. Como marca a tradición familiar, han celebrar o regreso paterno ceando mexillóns. Os tres amáñano todo igual ca sempre; os tres saben perfectamente como lle gusta ao pai que se fagan as cousas, e máis lles vale. Mais pouco e pouco comprenden que esa noite non vai ser coma as de sempre, pois pasan as horas e o pai non dá chegado.
Cun monólogo de longas frases en espiral, invitación continua a ler entre liñas, Vanderbeke presenta un retrato de familia que na súa brevidade lle regala ao lector a posibilidade de emprender múltiples interpretacións, desde a reflexión estética á denuncia política, pasando polo estudo psicolóxico e social.

Título original Das Muschelessen
Traductor Eva Almazán
Idioma Gallego
Publicación 2010
Editorial Editorial Rinoceronte
Categoría Narrativa


Descargar Mexillóns para cear de Birgit Vanderbeke



Buscando resultados...

Accede gratis a la descarga del libro Mexillóns para cear de Birgit Vanderbeke © DescargarLibro.gratis Aviso Legal Contacto
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.

eXTReMe Tracker