Manual de instruccións
Xavier QueipoHai manuais para o automóbil, para a lavadora, para o computador. O libro de instruccións converteuse nunha constante no vivir cotián, nun referente necesario para nos mover con naturalidade nun mundo altamente tecnoloxizado. Mais, paradoxalmente, saímos ó mundo –o mundo real, o que está fóra das fronteiras do noso territorio doméstico- sen unhas instruccións mínimas. Por iso, é tan importante repensar un método para cada cousa, para procurar a sombra dunha árbore, para non nos facer adultos no peor dos sentidos, para ser quen de relativizar a nosa felicidade e valorala no que vale, para rir a cachón de todo o que nos arrodea, para non sentir un baleiro inmenso dentro de nós, para non ter medo cando se vai a luz e quedamos sós no cuarto sen a compaña do televisor.
Desde o título á estructura, pasando por algunhas das instruccións, e na mesma concepción desta nova entrega de Xavier Queipo, este texto deixa un pouso da escola patafísica e aos escritores da escritura potencial (OULIPO); influencias francesas, querencias por parábolas de palabras e definicións que xa transpiraban en moitos dos textos anteriores de Xavier Queipo, como Contornos e Mundiños.
Idioma Gallego
Publicación 1999
Editorial Xerais
Categoría Narrativa
Descargar Manual de instruccións de Xavier Queipo
Buscando resultados...
Accede gratis a la descarga del libro Manual de instruccións de Xavier Queipo © DescargarLibro.gratis Aviso Legal Contacto
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.