Malaria sentimental
Xavier QueipoCando aínda subsiste resistencia guerrilleira na selva, un botánico parte cara a Cambodia co obxectivo de facer un estudo da flora parásita do templo de Angkor, o conxunto arquitectónico máis importante do sueste asiático, xoia central do desaparecido imperio Khmer. Pero espertarse dun pesadelo sempre é unha operación onerosa e de éxito incerto, moito máis desesperado e extremo vai ser pretender subtraerse á acción da forza, á violencia, e á maneira desgraciadamente eficiente coa que se fai presente. Para contar esta historia ás veces asfixiante e angustiosa, Xavier Queipo emprega un ton que oscila entre un perfectamente audible murmurio de fondo e unha tensión penetrante, acentuada pola aparición de imaxes e descricións formando catálogos dunha intensidade que chega a ser non xa soamente lingüística, senón mesma física. O sufrimento tamén é unha maneira de disposición da linguaxe, unha maneira de contar, e sería intolerable que a literatura tivese que prescindir totalmente da dor dos homes, que rexeitarse tratar desa horripilante realidade que é o home como ameaza para o propio home. Malaria Sentimental desprégase nun relato que conxuga as aventuras, o romántico ou bélico con pasaxes coa calidade do estático e máis do digresivo. Porque non hai literatura sen digresión e Queipo é un habilidoso estilista, con capacidade para realizar esa operación contraditoria, negada a outro tipo de discurso que non sexa o literario, que é a de xuntar aos opostos. Velaquí un libro fascinante, concluínte e, con todo, sorprendente: unha novela
Idioma Gallego
Publicación 1990
Editorial Sotelo Blanco
Categoría Narrativa
Descargar Malaria sentimental de Xavier Queipo
Buscando resultados...
Accede gratis a la descarga del libro Malaria sentimental de Xavier Queipo © DescargarLibro.gratis Aviso Legal Contacto
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.